RIANXO> Como vén sendo habitual nos últimos anos, o concello de Rianxo procederá á contratación do servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais.
O orzamento destinado a este fin achégase ós 40 mil euros. A cuadrilla estará formada por un total de cinco persoas, un capataz e catro peóns.
O seu cometido será encargarase de realizar labores de defensa e prevención contra os lumes, con especial atención a aquelas zonas consideradas de maior risco de incendio.
A duración do contrato prolongarase durante toda a temporada estival.











