A resaca da Festa da Auga reabre o debate sobre o botellón

    VILAGARCÍA> As Festas de San Roque e máis concretamente a da Auga devolven á actualidade a polémica polo consumo de alcohol nas rúas. Mentres os hostaleiros piden ao concello que tome medidas para evitar o botellón, o tema non preocupa demasiado aos vilagarciáns. O goberno local, pola súa banda, asegura que estudará a toma de medidas para atopar unha solución.

     

    Da mala imaxe e prexudica aos locais nocturnos. Así é como ven o botellón os hostaleiros vilagarciáns.

    Dende Ahituvi volven chamar a atención sobre esta práctica, que se produce non só durante as festas da vila.

    Por iso, volverán pedir ao concello que tome medidas para atallar o problema.

    Diferente é a visión entre os vilagarciáns. Para algúns, o botellón é un problema; para outros, é algo illado que non lles provoca molestias.

    O concello sí recoñece o problema que supón que sobre todo os máis novos consuman alcohol nas rúas. O alcalde comprometeuse a escoitar todas as opcións para buscar unha solución.

    Para Tomás Fole esta é unha problemática que cada vez vai a máis, non só en Vilagarcía, aínda que recoñeceu que a falta de medios fai moi complicado facer cumprir coa prohibición de consumir alcohol nas rúas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/21/botellon_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/21/botellon_vilagarcia.mp4{/flowplayer}