O Trofeo San Roque e o Premio Ramiro Carregal centran as miradas na ría de Arousa

VILAGARCÍA> Os amantes da vela teñen esta fin de semana unha cita en Vilagarcía. A Ría de Arousa será o escenario da cuadraxésimo sexta edición do Trofeo San Roque e do segundo Gran Premio Ramiro Carregal da clase Snipe, evento que agarda reunir a máis dunha vintena de regatistas.

 

Esta fin de semana, a Ría de Arousa volverá concentrar as miradas dos amantes da vela.

A cita xa está consolidada no calendario deste deporte, de aí que a pesares de que coincida co campionato europeo de snipe, a organización agarda a participación de máis dunha vintena de regatistas.

Dende o concello destacouse a dificultade de manter este tipo de iniciativas dentro do actual panorama económico, pero Tomás Fole fixo fincapé na importancia desta regata.

O Club de Vela tamén agradeceu a colaboración de Ramiro Carregal que, xunto ao concello de Vilagarcía, patrocina esta cita deportiva.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/21/trofeo_ramiro_carregal.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/21/trofeo_ramiro_carregal.mp4{/flowplayer} 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí