NOIA> Os populares arremeten contra o alcalde, Rafael García Guerrero, polo peche desta rúa que permitiría crear prazas de aparcamento en pleno centro da vila. A paralización dende hai máis dun ano das obras do aparcamento da rúa Xuíz Falcone, leva ós membros do Partido Popular da localidade a arremeter novamente contra o equipo de goberno, ó que culpan de non facer nada por dar resposta ás solicitudes formuladas por comerciantes e veciños en xeral sobre a necesidade de crear máis prazas de estacionamento no casco urbano. A demanda xorde precisamente agora, nun momento no que a vila celebra as súas festas do verán, cando máis problemas hai tamén para atopar unha praza onde aparcar. Esta non é a primeira vez que os populares se fan eco deste problema, xa en xuño pasado pedíanlle ó executivo local que retomase novamente este proxecto, así como o do parquing soterrado de Rosalía de Castro.
Inicio Barbanza - Muros - Noia










