A POBRA> O espírito navideño invadirá A Pobra esta fin de semana con varios desfiles e actividades que farán disfrutar ós máis pequenos da casa. O Apalpador e Papá Noel visitarán a vila e mesmo nevará no Cantón da Leña.
Os cativos da Pobra vivirán unha fin de semana chea de ilusión coa visita do Apalpador e Papá Noel. O primeiro achegarase ata a vila o venres acompañado de gaiteiros e zancudos mentres que Santa Claus encabezará un gran desfile o sábado xunto cos Magical Brothers.
O domingo nevará na Pobra cos canóns de neve artificial que se instalarán no Cantón da Leña onde se desenvolverán varios obradoiros de Nadal. Pero a animación non acaba aquí posto que o día de Noiteboa, a Gallaecia Small Band ofrecerán un concerto nos Xardíns Valle-Inclán.











