A plataforma polo centro de día estuda vías alternativas ó financiamento autonómico

RIANXO> Nadal agridoce para os maiores de Rianxo que continúan co peche no concello durante estas datas para reclamar o centro de día. Malia levar preto de seis meses, aínda non tiveron unha resposta positiva por parte da Xunta polo que xa están a barallar as posibilidades de optar a un servizo municipal de xestión privada. A piques de cumprirse seis meses de peche e ante a reiterada negativa da Xunta, a plataforma pro centro de día de Rianxo estuda outras vías para conseguir este servizo. Especiel interese esperta a xestión privada dun centro de carácter municipal que sería mesmo máis barato que o autonómico. Tras pasar Noiteboa e Nadal pechados, os maiores tamén tomarán as uvas na casa do concello. Alí recibirán tamén ós Reis Magos o día da Cabalgata cando se cumpre medio ano do encerro para entregarlles unha carta con moitos desexos, dirixidos especialmente ós gobernantes. Malia que este medio ano xa fillo mella na saúde, seguen cos ánimos suficientes para manter este peche, exemplo de loita e resistencia.