GALICIA> O Clúster de Turismo de Galicia participa en Fitur co obxectivo de superar os 5 millóns de visitantes para este 2016 na nosa comunidade. O seu presidente valorou moi positivamente a presenza da agrupación de empresarios nesta Feira Internacional, tanto no apoio a presentacións e conferencias de distintas entidades e productos galegos como no seu espazo reservado ás negociacións.
Un gran espazo propio amosa a presenza do Clúster de Turismo no expositor de Galicia en FITUR. A súa zona de negocios está continuamente chea de empresas e organismos que procuran chegar a acordos cos que atraer turismo a Galicia. A colaboración público privada traballa da man nas presentacións e conferencias que se realizan no stand. O obxectivo de todas estas iniciativas é común, chegar a superar a cifra dos 5 millóns de visitantes e abrir Galicia a novos mercados nacionais e internacionais.
O Salnés tamén ten o seu espazo nesta feira internacional onde se queren consolidar como destino turístico por excelencia.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/20/cluster_fitur.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/20/cluster_fitur.mp4{/flowplayer}