![]()
SANXENXO> O Tribunal Supremo deulle a razón ó Concello de Sanxenxo sobre a titularidade dos montes de Vicaño e Baltar, en Portonovo.
{flowplayer}images/salnes/montes_vicano_baltar.flv{/flowplayer}
SANXENXO> O Tribunal Supremo deulle a razón ó Concello de Sanxenxo sobre a titularidade dos terreos situados nos montes de Vicaño e Baltar, en Portonovo.
Queda así resolto un litixio que comezou en 1962, cando a familia de Juan Salgado Pérez iniciou un proceso xudicial contra o Concello sobre o que antes eran montes municipais. Nestes terreos o goberno municipal levantou equipamentos como o Centro de Saúde, a piscina municipal ou o Centro de Día, polo que a alcaldesa considera unha satisfacción que se resolvese xa esta tramitación administrativa e xudicial tan longa e complexa.
O Concello informou que a sala do civil do Tribunal Supremo non admitiu a trámite un recurso interposto polos herdeiros da familia fronte a un fallo xudicial do ano 2007. Nel botábanse por terra as reivindicacións dos demandantes. O Supremo confirma ese auto e declara firme a súa resolución.
Os antecedentes das pretensión da familia Salgado Pérez remóntanse ó 1962. Unha década máis tarde o litixio sentenciouse a favor do Concello. Pero trinta anos despois, unha vez aprobado o Plan Xeral de Ordenación Municipal, os herdeiros insistiron en acudir ós tribunais para reclamar a titularidade dunhas parcelas que no seu día albergaron vivendas protexidas do Instituto Social da Mariña.
Redacción Salnés









