A área sanitaria Pontevedra-O Salnés comeza administrar as vacinas fronte a covid en Vilagarcía

VILAGARCIA> 46 residentes e coidadores da residencia Servisenior de Vilagarcía convértense nos primeiros vacinados da área sanitaria de Pontevedra O Salnés. As vacinas continuarán repartíndose por todas residencias da área sanitaria. O obxectivo é vacinar a preto de 2 mil persoas nas próximas tres semanas.

O Sergas escolleu o fogar residencial Servisenior de Vilagarcía para comezar a dar as vacinas na área Sanitaria de Pontevedra o Salnés. En total foron 46 persoas entre usuarios e coidadores os que recibiron a dose.

Os 27 residentes do centro aceptaron recibir a vacina. A primeira foi María Ana Ciancio que se mostrou contenta e tranquila por recibila.

A vacina necesita uns coidados diferentes ás de outras enfermidades. Durante todo o proceso de traslado tense que manter a cadea de frío. Unha vez no centro, os profesionais tiveron todos os coidados necesarios para administrar correctamente a vacina no centro.

As vacinas continuarán impartíndose nas residencias da área sanitaria durante as vindeiras semanas. O obxectivo é administrar a dose nesta primeira remesa a preto de 2 mil persoas.

As residencias que recibirán a vacina mañá serán as de Poio e a Divina Pastora de Vilagarcía. A previsión é que a primeira fase de vacinación se complete en 3 semanas. Posteriormente, coa segunda remesa, será a quenda do persoal sanitario e a finalmente a poboación xeral.