Noia avanza cara o saneamento integral do concello cunha nova actuación na Barquiña

NOIA> O concello de Noia avanza na dotación de rede saneamento a distintos núcleos do municipio. Na actualidade están en execución a instalación de bombeos e tubaxes de impulsión na zona da Barquiña para eliminar un punto de vertido á ría.

O concello de Noia inviste máis de 230 mil euros na instalación dun bombeo no porto da Barquiña e a dotación de tubaxe de impulsión en varias rúas desta zona.

Esta actuación vense sumar a  moitas outras e materia de saneamento encamiñadas a conectar vivendas que aínda non contaban co servizo, corrixir problemas de vertidos e seguir a completar a rede municipal que, coas últimas intervencións, dará servizo xa ó 90 por cento da poboación noiesa.

Estas obras veranse implementados polas melloras previstas na depuradora que suporán un investimento de 3 millóns de euros. O plan director contempla tamén, a medio prazo, a construción dunha nova depuradora.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí