O PP aproba en solitario o regulamento de premios da Policía Local

    VILAGARCÍA> Un dos plenos máis baleiros de contido de Vilagarcía deixou aínda así momentos de tensión entre a oposición e o alcalde. A polémica apareceu no punto que recollía a proposta do Partido Popular de aprobar un regulamento de premios e distincións da Policía Local do concello.

     

    Durante preto dunha hora a corporación vilagarciá debateu onte a proposta popular para aprobar un regulamento de premios e distincións da Policía Local. O punto non estivo exento de polémica, e contou cos votos en contra dos dous concelleiros de Esquerda Unida.

    PSOE e BNG optaron pola abstención. Dende as filas socialistas, pediuse deixar a proposta sobre a mesa para buscar consenso cos funcionarios da Policía Local. Para os nacionalistas, a medida non é máis que un lavado de cara.

    A pesares de que a presentación da proposta correu a cargo do concelleiro de Seguridade Cidadá, Cholo Dorgambide, foi o alcalde quen se encargou das réplicas. Tomás Fole insistiu en que o texto foi consensuado cos representantes da Policía Local.

    O regulamento quedou aprobado inicialmente cos votos en solitario do Partido Popular. Fole recordou aos edís da oposición que o documento completo será sometido a exposición pública para a presentación de alegacións, momento no que poderán aportar o que consideren oportuno. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/26/pleno_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/26/pleno_vilagarcia.mp4{/flowplayer}