GROVE> Os Grovemakers dinamizan os últimos días do nadal no Grove co seu mercado de reis. Cunha carpa situada na rúa Castelao, 8 dos artesáns da asociación ofrecen unha ampla variedade de produtos. O mercado estará dispoñible ata o día 4 de xaneiro e contará con espectáculos musicais e infantís durante todos os días.
Os Grovemakres regresan co seu mercado de reis ao Grove para dinamizar os últimos días deste nadal. Por cuarta edición, os creadores grovenses, coa colaboración do concello, instalaron unha carpa na rúa Castelao para ofrecer os seus produtos e animar á veciñanza da vila.
No mercado participan 8 dos 13 Grovemakers ofrecendo unha gran variedade de produtos artesanais e de gran calidade.
En vistas á proximidade do día de reis, para a asociación de creadores é unha boa oportunidade para aumentar as súas vendas.
Os Grovemakers non só ofrecen os seus produtos, se non que regalan á veciñanza do Grove diferentes espectáculos culturais.
O mercado estará dispoñible ata o día 4 de xaneiro. Dende Grovemakers agardan contar con moitos visitantes e que o mercado creza para que se aproximen a visitalos veciños de toda a contorna, converténdose tamén nun reclamo turístico do Grove.