O accidente do catamarán do Grove, a vista de paxaro

O GROVE> A Unidade de Drons da Axencia Galega de Emerxencias sobrevoou a zona do sinistro do catamarán ‘Boramar’. A súa misión foi visualizar o estado do mar e constatar que as mantas e barreiras absorbentes atallaban posibles derrames de combustible.