A Mancomunidade aposta pola enerxía fotovoltaica para facer máis eficiente a súa depuradora

VILANOVA> A Mancomunidade do Salnés opta pola enerxía solar para facer máis eficiente a súa Estación de Tratamento de Auga Potable. O proxecto contempla a instalación de máis de 250 módulos fotovoltaicos, que achegarán máis do 52% do consumo enerxético da estación. O aforro serán duns 20.000 euros anuais.

A enerxía fotovoltaica fará máis eficiente a Estación de Tratamento de Auga Potable da Mancomunidade do Salnés. O ente instalará máis de 250 módulos de última xeración.

Nove empresas xa presentaron as súas propostas para facerse co proxecto, que permitirá un importante aforro de enerxía. Os módulos fotovoltaicos achegarán máis do 52% do consumo da Estación, reducindo a factura dos preto de 60.000 euros anuais ata os 40.000.

O proxecto conta cun orzamento de 120.000 euros. Será financiada nun 70% polo Fondo de Compensación Medioambiental da Xunta de Galicia e a Mancomunidade achegará o 30% restante.

A obra está en fase de licitación, e a previsión é que comece a funcionar no mes de outubro. Ademais, a súa instalación permitirá reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí