Centos de voluntarios defenderon os ecosistemas das Illas Atlánticas

GALICIA> A consellería de Traballo e Benestar fixo balance da participación no programa de Voluntariado Ambiental nas Illas Atlánticas, realizado este verán. Preto de 450 persoas colaboraron na retirada de lixos das praias, na adecuación de camiños, na erradicación de plantas invasoras alóctonas e na reforestación con especies autóctonas nos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada. O principal obxectivo deste programa é a recuperación dos ecosistemas e concienciar no ámbito medioambiental ós participantes. Unha vez concluído ó programa, as persoas voluntarias obteñen da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado acreditativo da acción voluntaria desenvolvida.