O convento do Carme en Padrón acollerá ata setembro a mostra Luís Ksado

PADRÓN> O convento do Carme de Padrón acolle dende hoxe e ata o 9 de setembro a exposición da XI edición do premio de creación fotográfica Luis Ksado, convocado pola Deputación da Coruña. A mostra exhibe a serie fotográfica gañadora da última edición do certame, “Ata que chegue a auga”, do fotoxornalista Marcos Míguez, que plasma en imaxes a vida coitá dunha parella de anciáns do rural, os únicos habitantes dende hai décadas dun pobo ameazado pola construción dun encoro que nunca chegou a facerse. Ademais, a exposición complétase coas series fotográficas “En la barra”, de Isra Cubillo; “Commuter”, de Daniel Díaz Trigo; “Isla”, de José Luis Moreno ou “Camino de Santiago”, de Alberto Paredes, entre outros.