Presentado o II Torneo de Padel Concello da Pobra

POBRA> A cita será esta próxima fin de semana, os días 29, 30 e 31 de agosto, nas instalacións de Padel Praia de Cabío, organizado polo Club Barbanza Padel. O torneo, presentado esta mañá no concello pobrense, está aberto a un total de dezaseis parellas, que a día de hoxe están practicamente cubertas. Os partidos, que se desenvolverán nas instalacións da Praia de Cabío, arrancarán o venres coas fases previas, e o domingo celebraranse as finais. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados, agasallándose tamén ós gañadores con dúas ceas, vales de desconto e lotes de produtos de distintas casas comerciais da localidade. A organización do torneo corre a cargo do Club Barbanza Padel coa colaboración da concellería de Deportes e de Padel Punto Pelota.