Xesús Costa Rodil xa é fillo adoptivo de Rianxo

RIANXO> O auditorio municipal de Rianxo quedouse pequeño para acoller a ceremonia solemne de nomeamento do profesor  Xesús Costa Rodril coma fillo adoptivo da localidade, dando cumprimento así a un acordo plenario tomado o pasado ano.

Na súa intervención o alcalde Julián Bustelo deu lectura ó acordo no que se destaca a labor realizada por Costa durante os seus máis de 40 anos residindo en Rianxo.

No acto tamén interviron o profesor e presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de Barbanza, Carlos Cimadevila, que foi o encargado de  facer a ‘laudatio’ da traxectoria do homenaxeado.

Foi a propia viúva do homenaxeado a encargada de recoller de mans do rexedor o título, mostrando o seu agradecemento por este acto.

Un día antes, o venres, procedeuse tamén á presentación do libro póstumo do propio Xesús Costa Rodil titulado ‘Versos de Senectude’  e que contou coa intervención de Roberto Abuín, de Axóuxere Editora, e de Xesús Rábade Parede, escritor e prologuista.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí