O BNG de Ribeira dará voz ás parroquias a través de asembleas abertas

RIBEIRA> O BNG de Ribeira desenvolverá ó longo do mes de xuño unha rolda de xuntanzas cos veciños de tódalas parroquias. Pretenden así recoller as demandas veciñais, especialmente do rural, para incorporalas ós orzamentos municipais.

Os nacionalistas ribeirenses retomarán as súas asembleas abertas para recoller de primeira man as demandas e inquedanzas de tódolos veciños do municipio. O obxectivo é dar voz ás parroquias que, segundo os nacionalistas, están esquecidas polo goberno local.

Dende o BNG consideran necesario artellar estas canles de participación cidadá para os veciños poidan ver as súas demandas incluídas nos orzamentos municipais.

A primeira das reunións tivo lugar esta mesma tarde na Casa do Mar de Palmeira. Seguirán a próxima semana, en Castiñeiras e Corrubedo, o xoves e o venres respectivamente. o 16 e o 17 de xullo tocaralle a quenda a Oleiros e Olveira, pechando o mes de xuño, o día 30 en Artes. As Carreira e Aguiño serán o 1 e o 8 de xullo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí