Porto do Son estrea esta Semana Santa o estandarte de Xesús Glorioso

    PORTO DO SON> En Porto do Son está todo preparado para acoller as grandes celebracións da Semana Santa. Este ano participará en varios actos o canónigo da Catedral de Santiago, José Fernández Lago, quen foi o encargado de abrir o programa. Trala solemne apertura, a confraría ten programadas un total de once procesións que comezarán o venres coa saída da Virxe das Dores dando paso á Bendición de Ramos do domingo. O martes santo terá lugar o Vía Crucis que percorrerá varios puntos do casco urbano da vila. O Ecce Homo e a Hora Santa constitúen os actos máis destacados do xoves. O venres terá lugar a recreación do Santo encontro; acontinuación o Desencravo, o Santo Enterro e a Soedade. A Vixilia Pascual do sábado dará paso ó Domingo de Resurrección. Porto do Son estreará esta Semana Santa o estandarte de Jesús Glorioso na procesión do domingo, cinco anos depois de incorporar esta figura como broche de ouro das celebracións relixiosas.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí