A Senra acolle un partido amistoso “de primeira”

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/28/partido.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/28/partido_futbol_Ribadumia.mp4{/flowplayer}

RIBADUMIA> O Real Club Celta de Vigo baterase nun partido amistoso contra o Sporting Clube de Braga; un encontro de dous equipos de cadansúa primeira división nacional que terá lugar o venres 5 en Ribadumia. Con este partido inaugúranse as últimas obras de remodelacións do Campo da Senra, onde xoga o Ribadumia, recén chegado á terceira división. O Real Club Celta de Vigo enfrontarase a vindeira semana en Ribadumia ó Sporting Club de Braga; un partido de fútbol amistoso entre dous equipos das primeiras divisións dos dous países da Península co que se presentarán en sociedade a remodelación do Campo de Fútbol da Senra; ó tempo que se celebra ó ascenso á terceira división do club local. Para o Club Vigués este partido conta cun gran atractivo no eido deportivo situando ó Celta fronte a un histórico do fútbol luso. As entradas venderanse a prezos populares, a dez euros, na sede do Club Deportivo Ribadumia en horario de tarde ou ben nas oficinas de ABANCA no Salnés. Os que se acheguen ó campo da Senra o vindeiro venres serán dos primeiros en ollar as últimas remodelacións: a mellora da iluminación e do terreo de xogo e a ampliación e reforma das bancadas. Unha actuación que se completará o vindeiro mes ca dotación do campo de fútbol de Barrantes de herba sintética de última xeración. Con esta dotación material ó Ribadumia agárdalle unha dura tempada ligueira por diante na que o obxectivo non vai moito máis aló da permanencia. Para capear en terceira división o Ribadumia está na procura dun extremo esquerda que remude a Fran Matos, recentemente lesionado.