A Casa do Concello de Cuntis sométese a un profundo lavado de cara

CUNTIS> Cuntis pon a punto a súa Casa do Concello. O edificio foi obxecto dunha reforma integral, con fondos procedentes do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. A actuación centrouse na mellora da eficiencia enerxética do Consistorio.

A Casa do Concello de Cuntis vén de someterse a un profundo lavado de cara. O consistorio foi obxecto dunha reforma integral, que se traduce nunha mellora estética e enerxética.

A remodelación foi financiada con fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra das anualidades de 2019 e 2020, cun investimento total de 50.000 euros.

Logo desta actuación, o alcalde avanza xa algunhas das obras previstas para os vindeiros exercicios, a acometer tamén con fondos provinciais.

De media, Cuntis recibe uns 600.000 euros ó ano procedentes do Plan Concellos da Deputación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí