O Skatepark comezará a construirse este ano

PONTEVEDRA> O goberno municipal presentou esta mañá o proxecto definitivo do Skatepark. O novo equipamento deportivo instalarase no campus universitario e terá unha superficie de 1.300 metros cadrados. As obras poderían iniciarse antes de que remate o ano.

Así é como quedará o Skatepark. Un proxecto que, tras moitos anos traballando, parece ser case unha realidade. O equipamento deportivo instalarase no campus universitario e ocupará unha superficie de 1.342 metros cadrados. O goberno municipal pretende que este novo espazo quede integre co entorno.

O novo Skatepark terá tres zonas de uso diferenciadas e contará cunha gran capacidade co obxectivo de poder acoller no futuro eventos de gran nivel.

Aínda que Asociación de Skate de Pontevedra leva moitos anos esperando estas instalacións, os deportistas mostráronse moi satisfeitos co proxecto.

O skatepark, que conta cun investimento de 500.000 euros, podería comezar a construírse antes de que remate o ano.

Comments are closed.