Unha vintena de desempregados beneficiaranse do obradoiro Iroite

    LOUSAME> O obradoiro de emprego Iroite, realizarano conxuntamente os concellos de Lousame e Porto do Son. A maior parte, case 180.000, provintes da consellería de Traballo.

    As clases darán comezo o luns. Os alcaldes de Lousame e Porto do Son, Teresa Villaverde e Luís Oujo, acompañados polos directores e profesores dos distintos cursos formativos, déronlle a benvida ós 20 alumnos do obradoiro de formación Iroite. Durante seis meses, estes vanse formar ben no ámbito da atención sociosanitaria ou no da albanelería. Os dirixentes locais instaron ós usuarios a aproveitar esta oportunidade de formación, tan reclamada nos tempos que corren. A parte práctica dos obradoiros traerá consigo destacados beneficios para ambos concellos. Os alumnos-traballadores, na especialidade de albanelería, acometerán melloras no local social do Cruído, no polideportivo da Silva e no camiño interior da aldea de Chave. Isto en Lousame. En Porto do Son, as obras consistirán na humanización das rúas do casco orixinario da vila, Outeiro Alto e Outeiro Baixo. Pola súa parte, o alumnado de atención sociosanitaria realizará prácticas nos centros de día de Lousame e Porto do Son. Este programa formativo supón un investimento de 234.000€.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/29/presentacionobradoiroempregolousameeportodoson2908141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/29/presentacionobradoiroempregolousameeportodoson290814.mp4{/flowplayer}