Unión Popular de Boiro esixe a retirada de barreiras arquitectónicas

    BOIRO> Unión Popular de Boiro denunciou, unha vez máis, que o actual equipo de goberno non cumpre as leis que esixen a eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios públicos e vías urbanas. O partido que dirixe Javier Chouza ven reclamando, desde novembro do 2011, a mellora dos accesos para persoas con mobilidade reducida, especialmente no centro social de Boiro, no mercado municipal e na casa da cultura. Instan, ó goberno de Xoán Xosé Dieste, a proceder á execución das actuacións necesarias, co fin de respectar a Constitución Española e a lexislación autonómica vixente.