Achan en Rianxo o corpo sen vida dun ex-edil de Boiro

    BOIRO> A pasada tarde aparecía o corpo sen vida dun veciño de Rianxo nas inmediacións do paseo da Torre. Unha parella que paseaba pola zona ó redor das oito da tarde dou a voz de alarma ó divisar o cadáver nun camiño paralelo á senda peonil. O suceso causou gran consternación na comarca posto que o falecido, Manuel Regueira Ourille, fora concelleiro en Boiro durante a década dos noventa. O home, de sesenta oito anos de idade e pai de dúas fillas, levaba ó redor de cinco anos residindo en Rianxo, a onde se mudou tras unha temporada vivindo en Canarias.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí