Mofa e Befa presentan, o venres, Shakespeare para ignorantes

mofa_e_befa_copia100.jpgVILAGARCÍA> Tralo parón de Semana Santa, volve o ciclo de Primavera de Teatro Galego no Auditorio de Vilagarcía. Víctor Mosqueira, Evaristo Calvo e Quico Cadaval son os intérpretes da obra.

{flowplayer}images/salnes/MOFA_E_BEFA.flv{/flowplayer}

A montaxe, en clave de humor, céntrase nos aspectos menos coñecidos da obra e dos personaxes do escritor inglés. O aspecto inicial do espectáculo, é o do produto didáctico en estado puro, recalcando a condición do público de colectivo carente duns coñecementos concretos.

 Un profesor está a impartir unha académica conferencia sobre William Shakespeare. Pretende ser unha palestra para un público con coñecementos menos que básicos da obra do inmortal escritor. O profesor reclamará o concurso de dous actores talentosísimos, pero desempregados.

Mofa e Befa irrompen na obra para poñer en primeiro plano as escenas máis ignoradas polo público actual. O riso máis cruel, as intimidades máis vergoñentas e o acto máis deshonestos poranse sobre o escenario.

A función dará comezo o venres ás 9 da noite, a entrada custa entre 4 e 6 euros. Segundo os actores, necesitan que o auditorio estea cheo para poder facer chistes.

Redacción Salnés