Rianxo distingue a Santiago Agrelo Martínez como fillo predilecto do concello

RIANXO> A corporación rianxeira aprobou a pasada noite as obras a incluír no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña. Durante a sesión tamén se abordaron outras cuestións como o nomeamento de Santiago Agrelo Martínez coma fillo predilecto, que saíu adiante por unanimidade.

O entendemento e a facilidade para chegar a acordos, foi a tónica xeral vivida no pleno celebrado onte pola noite pola corporación rianxeira. Na sesión aprobouse o Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal adicional da Deputación da Coruña que prevé destinar unha cantidade de 162 mil euros para gastos xeral de alumeado e subministro de enerxía. Tamén se aprobaba por unanimidade o convenio de colaboración a subscribir cos concellos de Dodro, Padrón, Rois e Valga para a xestión compartida do proxecto de condutas aditivas para o período 2022-2025 e a adhesión ó Plan Xeral de Prevención de Riscos e Medidas Anti-fraude da Deputación da Coruña. Na sesión acordouse nomear tamén a Santiago Agrelo Martínez, o que fora arcebispo de Tánxer, entre os anos 207 e 2019 coma fillo predilecto da localidade.

–inserto

Tamén se aprobou unha proposta de solicitude para pedirlle á Xunta que o hospital provincial de Conxo pase a denominarse coma hospital Ramón Baltar e elixíronse tamén os fetsivos locais para o ano 2023, que volverán a ser o 14 de xullo e o 15 de setembro, coincidindo coa festividade do Carme e o venres das Festas da Guadalupe, respectivamente. Na sesión tamén se deu lectura a un manifesto, remitido pola consellería do Mar, de apoio polo regulamento de execución da Unión Euorpea que adopta medidas como a prohibición da pesca de fondo en 87 áreas de augas europeas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí