C. González: ‘As arcas municipais gozan hoxe de mellor saúde’

    MUROS> A alcaldesa, Caridad González, referíase así ós bos resultados que está o plan de axuste posto en marcha polo equipo de goberno ó inicio da actual lexislatura. Unha das premisas marcadas polo executivo muradán nada máis chegar á alcaldía, foi a de mellorar a situación económica no concello, ó atoparse cunha importante débeda, fundamentalmente a provedores, de ó redor dun millón de euros. Unha das primeiras accións levadas a cabo foi a posta en marcha dun plan de axuste que agora comeza a dar os seus froitos. Segundo sinalou a propia rexedora, o último informe de Intervención revela que as contas do concello atópanse agora máis saneadas, reducíndose considerablemente os niveis de endebedamento, sen que os veciños deixen de recibir os servizos que se merecen.