Ferido grave ó envorcar o camión que conducía

    accidentetrebonzos.jpgBOIRO> Foi necesaria a intervención dos equipos de excarceración para a retirada do ferido, que posteriormente foi trasladado en helicóptero ó Hospital Clínico de Santiago.

    {flowplayer}barbanza/accidentetrebonzos.flv{/flowplayer}

    O suceso producíase ó redor das nove desta mañá no lugar de Trebonzos, na parroquia boiresa de Cespón. O condutor dun camión con remolque, veciño de Lousame con iniciais J.M.G.L., duns corenta anos, quedou atrapado no interior do vehículo, despois de que este envorcara cando estaba baleirando terra nun terreo da zona. Ata o lugar do sinistro desprazáronse Policía Local e Garda Civil de Boiro, GRUMIR, e equipos de bombeiros de Boiro e Ribeira que procederon á súa excarceración. Unha tarefa ademais complexa debido ó lugar no que quedou encaixonado o ferido, entre a cabina e a porta do camión e un muro dunha vivenda anexa.

    Ferido graves

    A consecuencia da gravidade das feridas, ó presentar fracturas abertas en ambas pernas, foi necesaria ademais o seu traslado en helicóptero ó Hospital Clínico de Santiago onde permanece ingresado.

    Redacción Barbanza