Sanxenxo saca as súas cebolas a relocer

    SANXENXO> Por Santa Rosalía volven as cebolas a Sanxenxo. A vila celebrou o día da súa patroa coa “Feira da Cebola”, que na súa trixésimo segunda edición volveu encher a Praza dos Barcos desta hortaliza dende os postos de sesenta ceboleiras. Toda unha tradición que non deixa de atraer a veciños e curiosos.

     

    Ninguén marchou hoxe de Sanxenxo sen levar bolsas cargadas de cebolas.

    Ata sesenta ceboleiras levaron á praza dos Barcos os mellores exemplares das súas leiras, que din que na zona teñen un gusto especial.

    Trinta e dous anos leva a vila dedicando o día de Santa Rosalía a esta hortaliza, cunha feira que moitos viron medrar e que xa ten un público máis que fiel. 

    E é que a xente chega tanto de aquí, como de acolá.

    Pero non só para mercar cebolas. Outros chegan a Sanxenxo atraídos pola vertente máis artística da feira. ¿Algunha vez pensaron en facer figuras con estes bulbos?

    A festa na honra de Santa Rosalía continuou toda a xornada. Tanto é así que aínda está por rematar: a partires das 10 e media da noite, as orquestras La Oca e Palladium, e os fogos artificiais serán os encargados de pór o broche ao día da patroa sanxenxina. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/04/festa_cebola_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/04/festa_cebola_sanxenxo.mp4{/flowplayer}