Gran representación arousá no VI Torneo de Xadrez de Rianxo

RIANXO> Máis de 250 xadrecistas, nacionais e internacionais, participaron no VI torneo concello de Rianxo, proba que puntuou no noveno Circuíto Galego de Promoción de Xadrez. As clasificacións da proba evidencian o bo estado de forma dos competidores da ría de Arousa. Na categoría absoluta, Julio Suárez de Fontecarmoa acadou un meritorio 6º posto. Moi preto lle seguiu o seu compañeiro de club Julio Torrado, na oitava posición. Destacable tamén o papel desenvolvido polos xadrecistas de Padrón-Rianxo, Eduardo García e Pablo Espiñeira remataron no noveno e décimo primeiro lugar respectivamente. O vencedor da proba rianxeira foi o australiano David Smerdon.