O executivo lousamiano adxudica dúas obras do POS 2014

    LOUSAME> O Concello de Lousame vén de adxudicar por un importe de máis de 92 mil euros as dúas obras correspondentes ó POS 2014 da Deputación da Coruña. A Xunta de Goberno Local adxudicou por 42.000 euros á empresa Excavaciones y Obras Públicas Galicia SL as obras de mellora do camiño Escabia a Fruíme e dos accesos a Marracín de Abaixo. Ademais, a empresa Nemesio Ordóñez foi a adxudicataria das obras de acceso a Quintáns de Berrimes e da pavimentación do camposanto de Tállara, por un importe duns 50 mil euros.