Identificados dezasete furtivos nos areais boirenses

    BOIRO> Foron identificadas nunha operación contra o furtivismo. Sumando os ilegais da ría do Burgo ascende a 33 a cifra de identificados.

    Axentes de Gardacostas e da Policía Autonómica veñen de realizar unha operación contra o furtivismo que se salda coa identificación de máis dunha trintena de ilegais, e o comiso de 23 aparellos de traballo e 78,7 quilos de berberecho e ameixa. O marisco e os aparellos incautados pertencían todos ó operativo da ría do Burgo, xa que os ilegais da ría de Arousa lanzaron todo o produto extraído ó mar, así como os instrumentos que estaban a utilizar. As 17 persoas que identificaron os axentes por estar mariscando de forma ilegal concentrábanse no municipio de Boiro, concretamente nos areais de Barraña e Mañóns. Ante a reiterada actividade dos furtivos, a consellería do Medio Rural e do Mar insiste na importancia de mercar marisco dentro da legalidade para non comprometer a nosa saúde.

    Comments are closed.