Éxito de público no Rompetiño Jump con máis de 12 mil asistentes

PORTO DO SON> Éxito de público no Rompetiño Jump que se celebrou durante a fin de semana en Porto do Son. Durante tres días, a cultura urbana encheu a localidade sonense con exhibicións de skate, parkour, basket 3×3 ou BMX.

Os concertos concentraron tamén gran afluencia de público coas actuacións de La Zowi, Denom, Dirty Suc ou Kabasaki.

Nesta oitava edición, o festival consolidouse xa como un referente en toda Galicia con preto de doce mil asistentes que quixeron disfrutar da extensa programación que se desenvolveu de venres a domingo.