OUTES> Estas obras súmanse tamén a outros proxectos de humanización de diversos espazos na propia vila da Serra, como é o caso da acondicionamento da praza do Concello ou a que se leva a cabo na rúa Doutor Esperante.
A estas dúas actuacións sumarase tamén en breve a obra da conexión do paseo fluvial da Horta do Muíño co centro urbano na Serra.
Unha actuación cun orzamento de máis de 81 mil euros que se enmarca no Plan Hurbe da Xunta de Galicia.
O goberno outense tamén lle trasladou á Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, da necesidade de acometer con urxencia diversas actuacións en estradas de titularidade autonómica ó seu paso polo municipio.
É o caso do arranxo e mellora da Avenida de Fisterra, a mellora do firme e a seguridade viaria na AC-196 entre Seilán e a Ponte Nafonso, a creación dun sendeiro peonil e ciclista entre os núcleos urbanos da Serra de Outes e Cruceiro de Roo, e a mellora da seguridade viaria en diferentes treitos da estrada xeral AC-550, como é o caso do Freixo, Margarida, Serra de Outes e Riba de Mar.
Trátase todas elas de actuacións necesarias que dende o Concello agardan que teñan unha rápida resposta por parte do Goberno Autonómico.











