O PP de Boiro denuncia o mal estado de varios pavillóns polideportivos

BOIRO> Humidades, goteiras, filtracións no seu interior, e un estado xeral de abandono.

Estas son as principais eivas que presentan actualmente os pavillóns polideportivos de Bealo, Abanqueiro, Santa Baia e Praia Xardín.

Toda unha serie de problemas que provocan ademais que en ocasións non poidan empregarse, supoñendo un grave prexuízo para os clubs que as usan a diario.

Para o PP a culpa desta situación tena o goberno municipal, que nos últimos anos non realizou neles labores de mantemento algún.

O PP di recoller tamén o malestar de moitos clubs, pais e deportistas que se queixan do mal estado das instalacións.

Por esta razón pídenlle ó equipo de goberno que coa máxima urxencia posible acometa un plan de actuacións para tratar de solucionar todos estes problemas e evitar así un deterioro maior das instalacións deportivas.