O polígono muradán de Ventín beneficiarase de inmediatas melloras

    MUROS> Moitos dos empresarios instalados no parque empresarial trasladáronlle ó Concello, en reiteradas ocasións, a necesidade de acometer cambios. A alcaldesa, Caridad González, informou de que o equipo de goberno ten previsto acometer de inmediato unha serie de actuacións no actual polígono de Ventín, coa finalidade de mellorar os servizos que se prestan. Unha das primeiras actuacións será a mellora da iluminación exterior, coa instalación de novo alumeado, fundamentalmente na zona onde se sitúan a maior parte das naves, así como contedores soterrados. Outra das obras que se acometerá será a colocación de bandas rugosas para evitar que se sigan producindo carreiras ilegais de coches no recinto, algo habitual nos últimos tempos segundo indicou a propia rexedora. A alcaldesa tamén se referiu á necesidade de impulsar a actividade do parque empresarial para lograr a dinamización económica do municipio. Segundo ela o nivel de ocupación non é o agardado, debido en parte tamén ó seu alto prezo, polo que debería facerse unha nova valoración das parcelas, establecendo por parte da empresa que xestiona o polígono condicións máis atractivas para os empresarios, acordes ós tempos que corren. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/05/alcaldesamurospoligono050214.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/05/alcaldesamurosmelloraspoligono050914.mp4{/flowplayer}