Un grupo de cosacos rusos visita Vilanova

    VILANOVA> A Asociación de cosacos de Volga, atópase en Galicia para realizar unha etapa do Camiño de Santiago, a través da variante Espiritual. Un traxecto que hoxe os levou a Vilanova de Arousa. Alí foron recibidos polo alcalde da vila e membros do corporación municipal, así como tamén, pola xerencia da mancomunidade de O Salnés. Uns cincuenta membros da Asociación de cosacos de Volga chegaron hoxe a Vilanova de Arousa, para continuar a etapa do Camiño de Santiago, a través da Variante Espiritual. Unha afastada visita que foi recibida polo alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán. Moitos dos integrantes rusos de esta expedición están afincados no levante español, pero un grupo duns 20 cosacos chegaron dende Rusia para coñecer Santiago de Compostela. Todos eles non quixeron abandona o municipio sen agasallar ao concello pola súa hospitalidade. Os cosacos viaxan cunha imaxe da Virxe María nos ombreiros, que pesaba uns 40 kilos. Despois da recepción na Casa do Concello, representantes do goberno local e a Mancomunidade de O Salnés, acompañaron a este grupo ata o porto da vila, para coller un barco no que percorrerían a Variante Espiritual, previa a chegada a Santiago de Compostela, onde mañá asistirán a Misa do Peregrino. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/22/variante_cosacos_vilanova_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/22/variante_cosacos_vilanova.mp4{/flowplayer}