MEIS> O concello de Meis está gozar dunhas exitosas festas de San Bieito. No acto central do festexo, a Festa dos Callos, a organización esgotou as cinco mil racións que tiña preparadas. Ademais na ruta BTT dos Callos participaron máis de 400 ciclistas.
O concello de Meis está gozar dunha das súas festas máis importantes, as festas de San Bieito. E polo de agora, as cifras de visitantes son de récords, especialmente no que se refire ao seu acto central, a Festa dos Callos. Miles de persoas achegáronse a Meis para gozar desta festa gastronómica. As 5 mil racións coas que contaba a organización quedaron esgotadas.
Os visitantes destacaron o sabor do produto estrela de Meis e o gran ambiente coa que se celebra a festa.
Durante as festas, tamén tivo lugar a ruta BTT dos Callos na que participaron máis de 400 ciclistas.
En canto a parte musical, a festa contou coas actuacións de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre. Este luns será a quenda de Lontreira e do DJ Bruno Canario e as festas pecharán mañá con grupo Flamenco. Ademais na vila non faltarán as misas, os pasacalles, as actuacións da banda de música ou as actividades para os máis pequenos.