O Salnés sóbese ao 4G

PONTEVEDRA> Pontevedra vai sumándose á chegada das novas tecnoloxías. Esta mañá, responsables dunha coñecida compañía telefónica informaron á Deputación que a rede de telefonía móbil 4G xa chega a 38 concellos da provincia. Unha listaxe na que figuran todos os municipios da comarca do Salnés.

 

O Salnés sóbese ao 4G. A banda ancha da telefonía móbil xa está dispoñible en numerosos concellos da provincia; unha listaxe na que aparecen todos os municipios da comarca.

Galicia figura n os plans para acelerar o despregue da banda ancha ultrarrápida dunha coñecida compañía de telefonía móbil. E é que a comunidade ofrece especiais dificultades debido ás súas características.

Segundo Louzán, a intención da Deputación é por en marcha algún tipo de servizo ou experiencia piloto coa compañía para dar a coñecer as vantaxes que ofrece esta nova rede 4G.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/08/louzan_tecnoloxias_vodafone.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/08/louzan_tecnoloxias_vodafone.mp4{/flowplayer}