O PSOE de Boiro esixe un plan de mellora da rede de saneamento

    BOIRO> Cansos, afirman estar os socialistas de Boiro, a raíz dos reiterados vertidos que se están a producir dentro do municipio. Hoxe deron conta dunha nova moción, que presentarán ó vindeiro pleno, no que esixen a creación dun plan de mellora da rede de saneamento. O grupo municipal socialista pretende que as distintas administracións (provincial, autonómica e estatal), sexan coñecedoras dos problemas de saneamento que sufre Boiro. Instan ó goberno local a elaborar un estudio que reflicta o impacto económico que ten o mar na nosa economía e enviarllo ás autoridades competentes para que sexan coñecedoras da gran necesidade de modernizar a rede.