Poio anulará as multas por xirar a cabeza máis de 45 graos

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/08/multas_poio_subdelegado.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/08/multas_poio_subdelegado.mp4{/flowplayer} 

 

POIO> O concello de Poio anulará as multas por xirar a cabeza máis de 45 graos. Así o anunciou esta mañá o responsable de seguridade cidadá, que despois de elaborar o seu informe considera as sancións excesivas e muda, deste xeito, a postura inicial do goberno local.

O concello de Poio devolverá as multas pagadas polos condutores sancionados pola Policía Local por xirar a cabeza máis de 45 graos. Tras mudar a súa postura inicial, o responsable de seguridade cidadá decidiu finalmente solicitar no seu informe a anulabilidade das multas.

O informe trasladarase á alcaldía, que terá que conceder esa anulabilidade a través da xunta de goberno. Ademais de devolver a media ducia de multas xa pagadas, paralizarase a tramitación do resto de multas impostas por este motivo o pasado Venres Santo.

Segundo Martínez, nunha xuntanza cos axentes que impuxeran as sancións, eles insistían na súa postura. Incluso apuntaron a posibilidade de denuncialo por este informe anulando as multas.

O que si desbotou o concelleiro é a existencia de calquera intencionalidade máis aló da interpretación da norma.

Martínez recoñeceu que a parella de axentes non volveron realizar o servizo do radar móbil, que desempeñaban cando impuxeran as multas.