Silva defende o seu Plan Concellos fronte ao “caciquismo” de Louzán

Pontevedra>  Carmela Silva defendeu esta mañá unha vez máis o seu Plan Concellos. Ademais de dicir que é fantástico e un gran plan díxolle ao PP que a única modificación que teñen que facer sobre este plan será analizar o caciquismo co que se actuou durante os 12 anos de Goberno de Rafael Louzán, para así poder actuar de maneira equitativa e igualitaria nos concellos da provincia. 

 

Ante as declaración de onte do PP Provincial nas que pedían que dende a Deputación deben modificar o plan concellos a presidenta falou esta mañá. Carmela Silva defendeu este plan dicindo que é un éxito pero que debido ao caciquismo co que se actuou nos 12 anos de goberno de Louzán agora teñen que facer unha análise para poder actuar en todos os concellos da provincia de xeito igualitario e equitativo. 

Carmela Silva lembrou que na actualidade teñen 400 obras en marcha nos 62 concellos da provincia e dixo que este plan é defendido e continuará sendo dende a Deputación e, engadíu, por todos os concellos da provincia. En relación a política e preguntada por si se vía como futura presidenta da xestora do PSOE en Galicia Carmela Silva nin afirmou nin negou soamente dixo que esta semana a cita importante está no comité federal para decidir sobre a abstención socialista a nivel nacional. 

A presidenta lembrou que o seu voto sería a favor da abstención e que despois deste domingo terán que centrarse na situación política galega do PSOE.   

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/21/carmela_venres_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/21/carmela_venres.mp4{/flowplayer}