Simón Venzal toma posesión do seu cargo como xefe da Comandancia da Garda Civil

PONTEVEDRA> Simón Venzal Contreras tomou posesión esta mañá do seu posto como xefe da Comandancia da Garda Civil na provincia de Pontevedra. O coronel afronta esta reto como intención de incrementar a presenza dos axentes no territorio así como a súa proximidade á cidadanía. Ao acto asistiron, entre outras autoridades, o delegado do Goberno en Galicia e o xeneral xefe da XV Zona da Garda Civil.

Simón Venzal Contreras tomou posesión posesión, esta mañá, do seu cargo como novo xefe da Comandancia da Garcia Civil. O fixo nun acto non que non faltou nin o delegado do Goberno en Galicia nin o xeneral xefe da XV Zona da Garda Civil. Javier Losada aproveitou a ocasión para remarcar a importancia de incrementar a proximidade dos axentes coas persoas e co territorio.

O novo xefe da Comandancia da Garda Civil asegurou que o listón está moi alto e que afronta esta nova etapa como un gran reto. Simón Venzal confirmou tamén que a dinámica de traballo na comandancia pontevedresa é moi boa e que todos os axentes traballan con gran responsabilidade.

No seu discurso, Simón Venzal fixo fincapé na falta de medios, de infraestruturas e de persoal da comandancia.

A violencia machista, a ciber delincuencia, o crime organizado, a seguridade no territorio e a loita contra o narcotráfico serán os pilares fundamentais sobre os que traballará Simón Venzal. Un coronel que se incorporou a provincia de Pontevedra en xullo deste ano tras pasar polo Servizo de Costas e Fronteiras, Seguridade Portuaria e Aeroportuaria da Garda Civil de Madrid.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí