A Volta deixa altos niveis de ocupación hoteleira nas Rías Baixas

PONTEVEDRA> Os sectores hostaleiro e hoteleiro de Pontevedra xa refregan as mans pensando na Volta. A caravana que compón a competición pasará dúas xornadas en Galicia, facendo parada en hoteis da provincia. Dende mañá ata o xoves, cinco equipos establecerán os seus cuarteis xerais en Cambados e Pontevedra, ademais doutras cidades da zona.

 

Os hostaleiros da comarca están máis que preparados para recibir os deportistas da Volta e a todos os que os acompañen. Despois do descanso de hoxe, o pelotón chegará a Galicia mañá para disputar a etapa entre Ortigueira e A Coruña. Ao rematar, estableceranse en hoteis da provincia.

Dende o sector tamén recoñecen o impacto económico que terá este evento deportivo, que ven nel un xeito de promoción. 

Aínda que moitos municipios veranse beneficiados polo paso da caravana da Volta, será Cambados o que acolla o equipo do favorito para gañar a competición, o Tinkoff-Saxo de Alberto Contador. A vila tamén foi a escollida como centro de operacións polo Team Sky, do británico Chris Froome, máximo rival do ciclista madrileño.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/09/ocupacion_volta.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/09/ocupacion_volta.mp4{/flowplayer}