PONTEVEDRA> A lotaría de Nadal tamén deixou un bo belisco en Pontevedra. A sorte fixo unha carambola, e o estanco La Cava del Puro, da rúa Eduardo Pondal, vendeu 80 décimos do segundo premio: 51244, dotado con 125 mil euros á serie. O número chegou á capital de provincia de casualidade, procedente dunha administración de lotaría de Cantabria. A solidaridade de Carlos Tourón trouxo o segundo premio da Lotaría de Nadal a Pontevedra. Dende o seu estanco La Cava de Puros, na rúa Eduardo Pondal, vendeu 80 décimos do 51244, dotado de 125.000 euros a serie. Con esta carambola da sorte, Carlos Tourón repartiu por toda a rúa ao redor de 10 millóns de euros. Este mediodía a alegría desbordaba ao propietario, pero non sen antes pasar por un período de incredulidade. Moitos pasáronse a asegurarse de que o décimo que mercaran e que tocara en Santander era o agraciado. Con este segundo premio da Lotaría de Nadal, a estrea de Carlos Tourón e a súa Cava de Puros no mundo da lotaría non puido ser mellor. Esta mañá foron moitos os que se pasaron polo estanco para mercar números para o sorteo de Reis. Non venderan ningún, pero ao final da mañá só lles quedaba un décimo. Haberá que atender ao Sorteo do Neno para comprobar se a sorte chama á sorte.
Inicio PONTEVEDRA











