Lores ten claro que “o modelo urbano de Pontevedra abre portas”

Pontevedra> Alcalde de Pontevedra e concelleira de Promoción da Cidade fixeron esta mañá un balance da viaxe a México. Lores ten claro que o modelo de cidade de Pontevedra abre portas. Lores e Gulías cualificaron de éxito absoluto o seu paso polo país azteca. Alcalde e concelleira de Promoción da Cidade sentáronse para analizar a viaxe que veñen de realizar por México. O alcalde cualificou de éxito absoluto a primeira misión comercial que o concello realiza internacionalmente. Lores dixo que son moitos os contactos que se abriron con esta viaxe, contactos que terá continuidade nos vindeiros meses. Foi unha viaxe completa e con moitos eventos, e tal e como dixo Anabel Gulías, agora tócalle aos empresarios seguir completando esta axenda. Foi unha experciencia cun ritmo intenso pero que conseguiu unha vez máis posicionar a Pontevedra no mapa coa súa marca de cidade.