Primeiro paso para a construción dunha residencia en Boiro

    residenciaboiro_100_120509.jpgBOIRO> O concello asinou un convenio coa Comunidade de Montes de Cimadevila para a cesión dos terreos que acollerán a residencia de maiores.

    {flowplayer}barbanza/residenciaboiro.flv{/flowplayer}

    Esta non é a primeira vez que xorde a proposta de construción dunha residencia da terceira idade en Boiro, vistas as necesidades existentes no municipio. Anteriormente o executivo xa barallou varias alternativas que por unha ou outra razón non foron adiante.

    Agora grazas á colaboración da Comunidade de Montes de Cimadevila deuse un importante paso, coa sinatura dun convenio de colaboración para a cesión dunha parcela que será destinada a este fin.

    Dúas alternativas

    Polo de agora todo é un proxecto, existindo dúas posibilidades para a súa construción. Unha na zona de Xarmea e outra en Espiñeira. Esta última é segundo os propios técnicos municipais a mellor ubicación, a escasos metros do casco urbano e con boa accesibilidade, ó atoparse na estrada entre Boiro-Noia e a escasos metros da Autovía do Barbanza.

    Apoio autonómico

    O concello boirés mesmo conseguiu acadar un compromiso do anterior Goberno Autonómico de que antes de dous anos se iniciaría esta obra. A súa intención agora pasa por manter unha xuntanza coa nova responsable da Consellería de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, coa finalidade de trasladarlle a proposta e estuda-la súa viabilidade.

    Redacción Barbanza