Quico Cadaval e a asociación Francisco Lorenzo Mariño, percebeiros de honra de Aguiño

RIBEIRA> Todo listo para a Festa do Percebe que se celebra en Aguiño o domingo día 29. A organización prevé repartir ó redor dunha tonelada de marisco.A xornada iniciarase cedo, a partir das once da mañá, cando tome a saída a primeira bandeira Festa do Percebe de Aguiño. Rematada a competición, procederase á entrega dos percebeiros de honra que este ano recaerán sobre Quico Cadaval e a asociación Francisco Lorenzo Mariño, como homenaxe póstuma ó párroco de Aguiño. A mediodía comezará a degustación gastronómica na que se repartirán mil quilos de percebe en racións de entre douscentos cincuenta e trescentos gramos, a quince euros.